GALIZA | Luca Chao (Podemos), deputada de En Marea no Parlamento da Galiza retuitou un tuit do xornalista Antonio Maestre en que defende que en Andalucía se votou “Contra o independentismo porque foron as primeiras eleccións fóra de Cataluña”.
Maestre acrecenta que non ve futuro para a esquerda española polo “hándicap ou a percepción de ter sido branda ou connivente cos partidos independentistas”. Por se ficaba algunha dúbida sobre a intención do xornalista de responsabilizar o soberanismo catalán do ascenso do fascismo, nunha resposta a Antonio Baños falar de entupir “a vía que a esquerda catalá abristes ao fascismo”.
Eis o tuit de Baños e a resposta de Maestre:
Nunha noite en que intelectuais como Suso de Toro ou dirixentes da esquerda soberanista analizan que foi a exacerbación do españolismo contra Cataluña, o “a por ellos”, o estado de excepción co 155 ou o branqueamento do fascismo por parte das forzas do rexime o que alimentou este resultado de VOX, a deputada de En Marea opta por apoiar a interpretación contraria, que responsabiliza o independentismo catalán.
O posicionamento de Luca Chao xa foi motivo de comentario nas redes na noite electoral.