BNG, ERC e Bildu ultiman alianza das tres nacións para as europeas

GALIZA | Nesta sexta feira (30) decorreu en Compostela unha reunión de dirixentes do BNG, Esquerra Republicana e EH Bildu co obxectivo de conformar unha alianza das forzas soberanistas da Galiza, Cataluña e Euskal Herria para as próximas eleccións europeas.

Segundo informacións que fixo públicas o BNG esta xuntanza “é un paso máis na dinámica de traballo conxunta que as tres forzas veñen desenvolvendo desde hai meses”, e que se discorre en paralelo “aos procesos de participación e debate interno da militancia que cada unha das organizacións teñen abertos”. De facto, as tres forzas anunciaron que a decisión definitiva será tomada de maneira simultánea o próximo 15 de decembro.

As delegacións soberanistas sinalaron que este proxecto de coligazón responde á tradición  de colaboración histórica “fronte á negación permanente do Estado español a aceptar o dereito a decidir libre e democráticamente o noso presente e o noso futuro”. Aliás, salientaron que a proposta de candidatura conxunta é formulada “nun contexto de clara involución democrática no Estado español, caracterizado polo grave recorte de liberdades e dereitos e por unha actuación represiva en todos os campos, do político ao da liberdade de expresión”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s