BNG responde con datos a Feixoo na polémica sobre violencia machista [Vídeo]

GALIZA | A intervención da Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, no Parlamento da Galiza, en que asegurou que “a manada, non son cinco, as manadas están na política, na xustiza e nas institucións” e pediu a Feixóo que demostre “non formar parte de ningunha delas e cumpra a lei contra a violencia de xénero” xerou unha forte polémica co Partido Popular, que acusou a nacionalista de insultar. Agora o BNG publica un vídeo con datos sobre a política de Feixoo en materia de igualdade.

A resposta irada do PP, que despregou unha campaña mediática contra a portavoz nacionalista exixindo rectificación non dobregou a posición do BNG, que sostivo a afirmación de que “a manada é o sistema”. No día Internacional contra a violencia machista, que decorreu no pasado domingo (25),  Pontón reiteraba que o sistema patriarcal lexitima a violencia contra as mulleres e reiterou que a “manada non son cinco, hai unha manada na base do sistema patriarcal”.

Na manifestación realizada nese día en Santiago de Compostela,  a portavoz nacional do BNG lembrou que na última década foron asasinadas 45 mulleres na Galiza e que, por tanto, a loita contra  violencia de xénero debe ser “unha prioridade política durante todo o ano” polo que reclamou aumentar os recursos destinando 100M€, (1 de cada 100  do orzamento da Xunta), “cifra perfectamente asumíbel e necesaria  para un problema tan grave”.

Nesta terza feira o BNG facía público un vídeo con que ilustra a verdadeira posición do PP en materia de igualdade. “As fake news do PP non poden ocultar a realidade. Suprimir, paralizar, desmantelar, recortar. Son os verbos de Feixóo e do PP nas políticas de igualdade”, garante a formación nacionalista.

manada

 

 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s