INTERNACIONAL | Poble Lliure reclamou, ante a petición de máis de 200 anos de prisión para os presos políticos, unha “resposta unitaria e contundente por parte de todas as forzas democráticas, partidos e sociedade civil” para mostrar o rexeitamento á represión do Estado.
“Agora máis do que nunca temos que demostrar que somos un pobo constituínte”, advertiu esta formación a través de Twitter.
Apoio ao Consell per la República
Así mesmo, Poble Lliure, que forma parte da CUP, insiste na necesidade dunha defensa política colectiva, dentro da cal sitúa a estratexia que están a despregar Carles Puigdemont e Quim Torra. “O Consell per la República, a Assemblea de Representants e o Fòrum Social Constituent teñen que ser ariete de ruptura democrática”, aseguran.
Esta organización non escondeu nunca a súa aposta no Consell per la República, de feito hai tempo que reclama este instrumento. Por iso, cando a pasada semana se presentou o Consell no palacio da Generalitat, aínda que a CUP asegurou que non participaba no acto para non avalar iniciativas que considera “simbólicas”, había no salón Sant Jordi dous representantes de Poble Lliure, unha delas a súa portavoz, Mireia Caldés. “Fortalezamos as organizacións e os espazos de mobilización de masas e preparémonos para a confrontación democrática co Estado”, reclaman.
Esta información encóntrase no El Nacional.cat