Ana Pontón visita Junqueras para trasladar solidariedade do BNG

anajunq

GALIZA | Nesta segunda feira (5), acompañada da eurodeputada Ana Miranda, a líder do BNG traslada a Oriol Junqueras na prisón de Lledoners o apoio do nacionalismo galego e a repulsa a “rebaixas cosméticas nas peticións de condenas”, pois a única vía é a “libre absolución e o respecto do dereito do pobo catalán a decidir libre e democraticamente o seu futuro”.

Para Ana Pontón, a situación do Presidente de ERC e do resto de presos e presas políticas catalás é produto da “profunda deriva autoritaria do Estado español, que persegue e encarcera ou exilia políticos, sindicalistas, activistas, tuiteiros ao tempo que permite a apoloxía franquista nos medios de comunicación e ataques á diversidade lingüística”.

A dirixente do BNG asegura que as condenas non son só un ataque ao soberanismo catalán, senón que representan  “unha advertencia do que  pode acontecer a outras  forzas políticas que, como no caso do nacionalismo galego, cuestionamos as decisións dun estado que sistematicamente discrimina a Galiza e impide desenvolver os nosos dereitos como pobo”.

Ler máis na WEB do BNG

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s