Nova Caledonia vota nun referendo sobre a independencia da Franza

flnks

INTERNACIONAL | Nova Caledonia realiza neste domingo, 4 de novembro, un referendo de autodeterminación  en que máis de 174.000 persoas están convocadas para decidir se este país no Pacífico permanece na Franza como territorio autónomo ou se converte nun novo estado independente. Todas as previsións apuntan para unha clara vitoria do “non” á independencia, entre outras razóns porque a poboación orixinaria canaca é apenas 40% da total. Se iso acontecer,  non será, no entanto, a fin do proxecto independentista, pois poden ser convocados dous novos referendos de autodeterminación no curto prazo.

Nova Caledónia é na actualidade un territorio sob dominio francés situado no oeste do Océano Pacífico, a cerca de 1.000 km de Australia. Ten status semi-autónomo dentro da República Francesa, dispondo dun goberno e un parlamento, chamado Congreso de Nova Caledonia, que pode aprobar certas leis. Esta autonomía é o resultado dun pacto que se remonta a 1988.

Francia ocupou Nova Caledonia en 1853 e someteu os habitantes orixinais -os canacos, melanesios- a un réxime legal de discriminación durante décadas, á vez que incentivou a colonización europea, asiática e do Pacífico. Como resultado, a poboación actual de Nova Caledonia é multiétnica, cos canacos como o grupo principal con 39%, os europeos en segundo lugar con 27% e os polinesios orixinarios de Wallis e Futuna -outro territorio francés- en terceiro lugar con 8%. Até 16% da poboación declárase como pertencendo a diferentes comunidades ou simplemente como “Caledonia”.

Grupos canacos descontentos coa dependencia da metrópole e a súa progresiva minorización na súa propia terra comezou a organizar partidos independentistas durante a década de 1970. De todos, o máis importante é a Fronte de Liberación Nacional Kanak e Socialista ( FLNKS), fundada en 1984, que liderou a loita do país pola autodeterminación.

Máis info en Nationalia

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s