Deputada de En Marea admite que a axenda no Congreso depende máis dos intereses persoais que das demandas do noso País

GALIZA | A intervención da deputada Alexandra Fernández no Plenario de En Marea no sábado (27) deixou en evidencia a submisión do subgrupo galego ás decisións de Unidos Podemos e a falta de capacidade soberana para defender os intereses do noso País.

Nunha intervención demoledora co papel do subgrupo de En Marea e cos seus propios compañeiros -particularmente co voceiro, Antón Gómez-Reino, por non render contas- Fernández admitiu que non teñen capacidade para tomar decisións de forma soberana: “Non pode ser que as decisións se tomen como un satélite do Grupo Confederal”. Mesmo falou de “pratos precociñados” para se referir aos acordos que toma o grupo de Unidos Podemos sen contar con En Marea, cunha mención expresa á negociación dos actuais orzamentos do Estado, en que a Galiza non aparece.

Ler tamén :

Suso de Toro afirma que En Marea no Congreso non é “representación soberana”

Alexandra Fernández quixo xustificar a decisión de concorrer ás Eleccións Xerais con Podemos e Izquierda Unida para constituír “un bloque político que fose capaz de intervir no conxunto do Estado (…) e ademais este espazo constituíase con capacidade de ter autonomía”. No entanto, salientou que a autonomía de En Marea “foi pouco a pouco desdebuxándose”.

Máis crítica foi aínda co funcionamento do subgrupo, ao afirmar que “a relación entre Unidos Podemos e en Marea está sendo vehiculizada através de dúas tres deputadas que non comparten información e que deciden todo unilateralmente”, nunha alusión a Yolanda Díaz (IU) e Ángeles Rodríguez -Pam- (Podemos).

Mais o punto álxido da diagnose do papel de En Marea no Congreso foi admitir que a axenda de traballo do subgrupo “depende máis dos intereses persoais que da axenda de demandas do noso País. Non pode ser que a axenda política sexa marcada por dúas tres persoas que decidan a axenda que lles convén en cada momento persoalmente”.

Eis o vídeo completo da intervención de Alexandra Fernández, visíbel no seu perfil de Facebook.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s