Néstor Rego: “Sacar os restos do franquismo para termos unha Galiza realmente libre e democrática”

GALIZA | En manifestacións após declararen na mañá da quinta feira (25) perante a xuíza de Betanzos, o portavoz d@s ’19 de Meirás’ reiterou o orgullo por unha acción que -entende- contribuíu para dar máis forza á reivindicación de que sexa devolto todo o patrimonio espoliado por Franco e insistiu que, para alén diso, hai que “sacar os restos de franquismo da sociedade e do sistema político” para garantir unha Galiza “realmente libre, realmente democrática. E xa sabemos que iso só o pedemos conseguir cunha Galiza dona de si, do seu destino, cunha Galiza soberana”, acrecentou.

Coa declaración das catorce persoas que non o fixeran en setembro, finalizou fase previa do proceso xudicial. Agora a xuíza do xulgado número 2 de Betanzos terá que decidir se abre xuízo ou se, polo contrario, sobresé o caso. @s ’19 de Meirás’ xa informaron que pedirán o sobresemento.

Ler tamén: Catorce dos ’19 de Meirás’ declaran nesta quinta feira (25) no xulgado de Betanzos

Eis o vídeo publicado na páxina de Facebook d@s ’19 de Meirás’.

 

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s