Catorce dos ’19 de Meirás’ declaran nesta quinta feira (25) no xulgado de Betanzos

GALIZA | As persoas denunciadas pola Fundación Franco e a familia do ditador por despregaren dúas faixas reclamando a devolución do Pazo de Meirás comezaron a declarar no pasado 28 de setembro. Está convocada unha concentración de solidariedade ás 11,30 horas na Praza Irmáns García Naveira.

A familia e a Fundación Francisco Franco imputan ás persoas acusadas delitos que poderían acarretar até 13 anos de prisión para cada unha delas. Segundo asegurou Néstor Rego, portavoz do colectivo, “é o mundo ao revés. En pleno 2018 o franquismo pedindo até 13 anos de prisión para quen defende a democracia e a restitución da memoria histórica”.

Na primeira tanda de declaracións compareceron perante a xuíza Anxo Louzao Rodríguez, Mario Maceiras Dosil, Xosé Manuel Magariños Rodríguez, Lucía López Sobrado e Ramiro Oubiña Parracho. Nesta quinta farano o resto das persoas denunciadas: Manuel da Cal Vázquez,  Xesús Seixo Fernández, Óscar Calvo Varela,  Armando Carril Casanova, Alberte Ansede Estraviz, Manuel Polo Gundín, Marta da Costa Alonso, Alfredo López Fernández, Silvia María Seixas Naia, Álvaro García Freire, Néstor Rego Candamil, Rubén Cela Díaz, Bieito Lobeira Domínguez e Alberte Fernández Silva.

As persoas denunciadas sempre sostiveron sentirse orgullosas dunha acción que contribuíu para dar máis visibilidade e impulso á reclamación do patrimonio roubado por Franco. Néstor Rego sinalou no 28 de setembro no xulgado de bBetanzos que “a demanda de que o Pazo de Meirás pase a ser patrimonio do pobo galego é algo compartido maioritariamente pola sociedade galega” e engadiuque “non hai só que sacar os restos de Franco do Val dos Caídos, senón que hai que sacar os restos do franquismo de todos os ámbitos en que aínda perduran”.

44593716_253427378701258_4051902250472177664_n

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s