GALIZA | A crítica do escritor foi realizada através de Twitter, a propósito dunha información xornalística en que se afirmaba que “En Marea non rendibiliza os seus escanos como facía o BNG”.
A imaxe da información xornalística foi postada inicialmente por Manuel Fco. Méndez, coa Hashtag #CrónicasDesdeMadrid e aproveitada por Suso de Toro para introducir o seu comentario “De iso se trataba, de que Galiza non tivese representación soberana propia. De que siga sendo provincias da corte”.
O escritor engadiu aínda outro comentario nun novo twit: “Cando reclamabamos unha candidatura soberana nacional galega era o que pretendiamos, ter representación propia”.