“19 de Meirás”, un ano despois, de novo no Pazo para exixir a devolución

19pazoGALIZA | O colectivo “19 de Meirás”, que agrupa as persoas denunciadas pola familia Franco e a Fundación Francisco Franco,  realizou nesta quinta feira (30) unha rolda de prensa frente ao Pazo coincidindo co aniversario da acción simbólica desenvolvida a 30 de agosto de 2017.

Na conferencia de imprensa Anxo Louzao, que actuou como portavoz do colectivo, explicou que hai hoxe un ano, “un grupo de galegos e galegas, demócratas, militantes nacionalistas, sindicalistas, activistas sociais, culturais e da memoria, decidimos realizar unha acción pacífica e simbólica, que consistiu en despregar dúas faixas da fachada principal do Pazo de Meirás que temos ás nosas costas. Deste xeito reclamábamos a intervención dos poderes públicos para que o patrimonio usurpado após o golpe de estado fascista polo ditador Francisco Franco fora recuperado para o pobo galego”.

Como consecuencia desta acción un total de 19 persoas, @s “19 de Meirás”, foron denunciadas pola familia Franco e a Fundación Francisco Franco, e serán chamadas a declarar en sede xudicial no vindeiro mes de setembro. Louzao expresou que “un ano despois queremos manifestar que nos reafirmamos nesta acción simbólica e pacífica que xa conseguiu un dos seus obxectivos: reactivar o debate social e político sobre a recuperación do Pazo, metelo na axenda política galega e obrigar ás institucións públicas a se manifestar ao respecto. Se hoxe se fala tanto de Meirás, da Casa Cornide, das estatuas de Abraham e Isaac é grazas a accións como está, o que demostra a súa utilidade e necesidade” indicou.

“Porén, o obxectivo fundamental non está aínda cumprido: a devolución ao pobo galego do Pazo de Meirás. Non pararemos até conseguilo. É necesario e é posíbel, porque é exclusivamente, unha cuestión de vontade política. Se hai vontade política de facelo, pódese facer. Non só no “Valle dos caídos” (que tamén) senón para devolverlle ao pobo galego o patrimonio que lle foi expoliado por unha atroz ditadura” sinalan desde o colectivo 19 de Meirás.

No que atinxe á denuncia formulada pola familia Franco, desde o colectivo sinalan que “é unha barbaridade do punto de vista tanto político canto xurídico. Mais unha vez, estase a tentar criminalizar o exercicio do dereito democrático á liberdade de expresión, un feito que consideramos en si grave e inadmisíbel. Mais, vese aínda acentuada a gravidade porque quen o fai é a familia do ditador, que se aproveita e beneficia do botín de guerra, e unha fundación que, polos seus obxectivos de realizar apoloxía do fascismo e da ditadura, non debería existir e menos aínda ser receptora de subvencións públicas do Estado” indican.

“Para nós, e para a maioría de galegos e galegas, defender a democracia, a liberdade, a xustiza e a dignidade colectiva non é apenas un dereito, senón unha obriga. Trátase dunha exixencia democrática e unha maneira de facer xustiza ás vítimas directas do espolio e á totalidade de vítimas do franquismo” concluíron.

Máis info na WEB 19demeiras.wordpress.com

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s