BNG de Compostela rende tributo a Ánxel Casal, alcalde nacionalista asasinado

casal bng.jpg

Ana Pontón e Rubén Cela na homenaxe do BNG a Casal no ano 2016

GALIZA | Será na segunda feira, día 20 de agosto, ás 12 da mañá na Praza 8 de Marzo. Nel intervirá a portavoz municipal do BNG en Santiago, Goretti Sanmartín e servirá, segundo salienta a organización “para lembrar todas as persoas represaliadas pola ditadura”.

Ánxel Casal foi o grande editor dos anos 20 e 30, á frente da editora NÓS. Do seu obradoiro saíron as principais obras da literatura galega da época, da xente das Irmandades, da xerazón Nós ou dos poetas vangardistas. Mais tamén todas as grandes publicacións periódicas da época, desde A Nosa Terra á revista NÓS pasando por diversas publicacións vangardistas.

Militante activo das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, após o triunfo da Frente Popular en febreiro de 1936 asumiu o cargo de alcalde de Santiago de Compostela. No momento de se producir a sublevación militar fascista, Casal achábase en Madrid como membro do comité que entregou nas Cortes o Estatuto referendado polo pobo galego no 28 de xuño.

Coñecidas as noticias do golpe militar retornou á Galiza para se pór á frente da alcaldía e tentar organizar a resistencia. Tras o control militar da cidade refuxiouse en Arzúa, onde foi detido a 4 de agosto e trasladado ao cárcere de Compostela. O día 19 de agosto o seu corpo aparece á beira dunha estrada, en Cacheiras, xunto ao de Pepe Areosa.

Castelao, destacando o inmenso labor do editor na difusión da lingua, da cultura e da literatura galegas deixou escrito: “Ánxel Casal fixo por Galiza máis que todos nós”.

Lembra o BNG que en Santiago de Compostela “foron 226 as persoas que padeceron algún tipo de represión, segundo datos recollidos na investigación Voces e Nomes e case cen as paseadas, executadas ou en prisión. A represión foi especialmente violenta nos anos da guerra e materializouse en Galiza no asasinato de máis de 5.000 persoas e noutras múltiples formas de violencia física: encarceramentos masivos, violacións, malleiras, rapado do cabelo, inxestión de aceite de rícino. A represión exerceuse con características especialmente violentas e machistas no caso das mulleres”.

A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, volveu instar o grupo de goberno de Compostela Aberta a que, tal como se aprobou en xullo de 2016, “se realice un monumento a Ánxel Casal na cidade coa inscrición das preto de cen persoas asasinadas ou que sufriron prisión da nosa cidade”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s