De Raxoi a Sánchez: a exitosa operación de Estado do establishment español

RPSINTERNACIONAL | (Jordi Barbeta) / Ana Patricia Botín, a presidenta do Banco Santander e referente do Ibex35, celebrou o nomeamento de Nadia Calviño como ministra de Economía. Di dela que é “unha garantía”. Alfredo Pérez Rubalcaba, que hai dous anos impediu que Pedro Sánchez formase un goberno cos mesmos apoios que conseguiu agora, tamén se desfixo en eloxios cara ao novo Executivo.

Rubalcaba é ante todo un “servidor do Estado”. Pertence a un partido teoricamente republicano, mais foi o artífice da substitución á fronte do Estado no momento oportuno para salvar a monarquía. Rubalcaba forma parte do Consello Editorial do diario El País, que se converteu no órgano de expresión do deep state español. No 1 de xuño, o editorial deste diario titulábase “Un Goberno inviábel” e agora, seis días máis tarde, con outro director, neste caso, directora, o seu editorial titúlase “Un bo gabinete”. Hai unha semana, España era un país en decadencia democrática e agora, de súpeto, parece que todo se volveu de cores, aínda que como puidemos ver, o vicepresident Oriol Junqueras continúa en Estremera pasando o mocho. O que é que sucedeu exactamente?

A imaxe de España en Europa degradouse profundamente. Os medios internacionais presentaban Mariano Raxoi como o presidente dun goberno corrupto, incompetente e autoritario que era incapaz de resolver a crise de Estado con Cataluña. E estaba a crear problemas en Europa forzando o exilio de políticos demócratas que os tribunais europeos non estaban dispostos a extraditar. A mudanza estaba cantada. Pedro Sánchez colocouse no lugar adecuado e no momento oportuno… cando o Estado o necesitaba.

Mariano Raxoi decidiu abandonar a política mais non dimitiu como presidente do goberno porque a cuestión non era asegurar a continuidade do goberno do PP, senón salvar o Estado. A dimisión de Raxoi alongaría a inestabilidade política indefinidamente e non ofrecería en Europa a mudanza de imaxe que conseguiu Pedro Sánchez.

España pasou de ter o goberno máis antipático do planeta a estar gobernada por un consello “de ministras e ministros” con maioría de mulleres, cun astronauta admirado e un xornalista frívolo. Parece saído dos mundos de Yupi, pero Sánchez fixo un casting cargado de intencións.

Josep Borrell na carteira de Exteriores, en tanto que catalán, é o home encargado de desmentir ao mundo a existencia dunha causa democrática catalá. Aínda máis significativa é, aínda, a incorporación de Fernando Grande- Marlaska en Interior, que asegura a continuidade dos criterios represivos do goberno anterior e aumenta a tranquilidade dos procesados do PP por asuntos de corrupción. Grande- Marlaska foi un xuíz sempre promocionado desde a dereita que non tivo inconveniente en arquivar o escandaloso caso do Yak-42 ou en determinar que nos Centros de Internamento de Estranxeiros “non se vulneran os dereitos fundamentais”.

E tan significativo é o seu nomeamento como o “non nomeamento” de Margarita Robles, que si é unha xurista experimentada na xestión de conflitos e que foi relegada a Defensa, un ministerio ficticio onde todo son decisións técnicas determinadas pola OTAN e polos militares. Quíxose adornar o nomeamento co control do CNI, cando todo o mundo sabe que o servizo de espionaxe a quen reporta finalmente é ao presidente.

Hai outro dato interesante do novo gabinete español como é a compoñente andaluza. Con Carmen Calvo na vicepresidencia, María Jesús Montero en Facenda e Luís Planas en Agricultura queda garantido que, se chegar a se negociar un novo sistema de financiamento que puidese servir para aplacar as reivindicacións soberanistas catalás, en ningún caso será en detrimento do chamado fluxo de solidariedade do norte cara ao sur. A propia presidenta andaluza, Susana Díaz, xa dixo que “Montero e Planas son unha garantía para Andalucía”, que é unha maneira de dicir que “mandamos nós”. A incorporación da catalá Meritxell Batet a Política Territorial venderase como a aposta de Pedro Sánchez no diálogo con Catalunya mais é unha maneira de circunscribir a negociación a un asunto de competencias estatutarias que non interesa a ninguén.

Con certeza, agora xa non son nostálxicos do franquismo os que gobernan España. A percepción europea de España e do Goberno español non será a mesma, mais o xuíz Llarena seguirá facendo o que fai, líderes políticos pacíficos e demócratas continuarán na prisión ou no exilio acusados de delitos que non cometeron. Todo lembra a máxima lampedusiana, “se queremos que todo continúe igual, fai falta que todo mude”. E custará bastante máis explicar por todas partes que Catalunya é vítima dun estado represor. Quen di que non estamos ante unha cosmética e exitosa operación de Estado?

Este artigo encóntrase no El Nacional

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s