Via Galega convoca concurso de murais para fomentar a conciencia nacional

cartazconcursomurosRAG-754x566.pngGALIZA | A Plataforma Social Via Galega lanza a primeira edición de concurso de murais Daniel R. Castelao. Construindo a Galiza. O obxectivo desta iniciativa é “fomentar a atividade creativa pontenciando a conciencia nacional do noso pobo”. O prazo para se apresentar finalizará no 1 de setembro. 

Via Galega deu a coñecer a convocatoria do concurso, que leva o nome de Castelao, a través das redes sociais e da súa páxina web. Poderá participar calquera persoa, de maneira individual ou colectiva, “incluíndo aquelas que se encontraren na emigración”. O mecanismo é, após a realización do mural, encamiñar unha foto ao enderezo eletrónico da Plataforma, coordenadora@viagalega.gal. No corpo da mensaxe terán de asinalarse o título e a persoa ou persoas autoras.

Os premios serán unha figura conmemorativa realizada ad hoc, para o primeiro e un lote de material de obras editadas polas entidades que compoñem Vía Galega para o segundo. A decisión sobre o mural gañador será dado a coñecer o día 15 de setembro.

As BASES poden ser consultadas na WEB de VIA GALEGA.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s