LINGUA |Millares de persoas saíron neste 17 de maio á rúa, convocadas pola plataforma social Queremos Galego, para reclamaren o dereito a vivir en galego día a día e denunciar a política linguicida de Feixoo e dos gobernos do Partido Popular (o ‘155 lingüístico’, en palabras de Marcos Maceira, presidente da Mesa.
A seguir deixamos ligazón dalgunhas das informacións e opinión aparecidas sobre a manifestación desta quinta feira, a comezar pola da plataforma convocante, Queremos Galego.
Miles de persoas reivindican o galego día a día
[Queremos Galego]
A plataforma cidadá Queremos Galego congregou miles de persoas nunha masiva manifestación baixo o lema En galego día a día
A mobilización percorreu as rúas de Santiago de Compostela e puxo en valor o sobreesforzo das persoas galegofalantes para viviren en galego
Marcos Maceira: “para manter o galego vivo día a día temos que facer un sobreesforzo que ataca a nosa dignidade persoal e colectiva e non se lle exixe a ningunha outra lingua oficial”
Unha mobilización masiva reclama o dereito a vivir en galego cada día
[Sermos Galiza]
Varios milleiros de persoas ateigaron as rúas compostelás para manifestaren o orgullo por manter o galego vivo día a día e para reclamaren xustiza co fin de devolverlle á lingua propia de Galiza o protagonismo roubado á forza.
Vídeo difundido por Queremos Galego
Imaxes da manifestación de Queremos Galego [Sermos Galiza]
Galería de fotografías da manifestación convocada por Queremos Galego con motivo do Día das Letras Galegas. Autoría Laura R. Cuba.
Ana Pontón pide a Feixóo que abandone o radicalismo contra o galego e recupere o consenso en torno a lingua [BNG]
Pontón, na manifestación nacional convocada pola Plataforma Queremos galego, afirmou que a lingua galega é o que máis nos une e dá identidade como pobo, ao tempo que denunciou “o dano enorme” inflixido por Feixóo ao longo dunha década, “empeñado nunha estratexia para confrontar e crear división dende a mentira e o cinismo”, pese a que sabe que o acoso do PP deriva na perda falantes, especialmente dentro da mocidade.
A xente non lle falla ao galego [Xosé Mexuto / Sermos Galiza]
Iso é así. A grande maioría do país tenlle lei ao galego. Quérelle ben. Se reparades, poucas causas hai no país -se algunha- que mobilicen tanto -que sexan tan transversais, por usar ese palabro- como a causa colectiva pola dignificación do idioma que nos dá nome.
Milhares voltárom a tomar as ruas de Compostela por umha Galiza em galego
[Diário Liberdade]
A convocatória, realizada pola Plataforma Queremos Galego e apoiada por dúzias de coletivos de todo o tipo, contou também com a adesom do reintegracionismo de base, agrupado num bloco identificado pola cor de laranja.
A mobilizaçom anual pola língua voltou a mostrar a existência de um segmento significativo do povo galego identificado com a causa lingüística.