Queremos Galego apela á colaboración cidadá para difundir a mobilización do 17 de maio

cartel17mexterior-.jpg

LINGUA | A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, convocou unha mobilización que pretende masiva para o 17 de maio baixo o lema “En galego día a día”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

Marcos Maceira, presidente da Mesa e voceiro de Queremos Galego subliñou que é “o pobo galego quen mantén a lingua viva, en solitario, e quen exerce as obrigas da Xunta de Galiza e coa mobilización diaria consegue avances” para acrecentar a seguir que grazas ao activismo social o galego conseguiu pequenas vitorias “que dan mostra forza do pobo galego, mais tamén de todo o que falta por avanzar”.

Para reforzar o alcance da convocatoria, Queremos Galego vén de publicar un video en que propón ás persoas que quixeren colaborar na súa difusión formas de o facer de maneira autónoma. Ao tempo, disponibiliza na páxina queremosgalego.gal cartaces que poden ser impresos e colocados polas persoas colaboradoras.

Máis info nas webs da  MESA e de QUEREMOS GALEGO

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s