A ONU advirte de que a “suave” sentenza da ‘Manada’ subestima a gravidade da violación

bilbo2

Foto: NAIZ

SOCIAL | A coordinadora executiva de ONU Mulleres para o acoso sexual, Purna Sen, advertiu de que sentenzas como a emitida pola Audiencia de Navarra no caso da ‘Manada’ “subestiman a gravidade” do delito e implican un incumprimento das “obrigacións claras”  que existen para que sexan respectados os dereitos das mulleres.

Purna Sen citou o Estado español entre os países onde se sentiu a onda do movemento internacional #MeToo ou # EuTamén, co que “as mulleres saíron á rúa, clamando contra a violencia que enfrontan e marchando en solidariedade coas súas irmás ».

A representante de ONU Mulleres lembrou que a violencia sexual é un fenómeno “global” ao que “ningunha organización ou país é inmune”. “Demasiadas mulleres senten que ninguén as escoita, que ninguén lles cre ou se preocupa por elas. Aplaudo as mulleres que foron tan valentes de falar, a pesar dos riscos “, subliñou nun comunicado.

Na súa opinión, o asedio sexual é un claro exemplo de “violencia contra as mulleres” e os responsábeis deben render contas polas súas accións. A impunidade, acrecentou, perpetúa a “cultura da violación” e mantén o concepto de culpa sobre as vítimas.

“A leve sentenza dos agresores da ‘Manada’ en España subestima a gravidade da violación e prexudica as obrigacións claras que existen para que sexan respectados os dereitos das mulleres”, lamentou Purna Sen na súa nota, ne que advertiu de que a violencia continúa sendo a expresión da “desigualdade estrutural” que persiste entre homes e mulleres en todos os sectores e contextos.

Esta información encóntrase en Naiz

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s