CIG chama a se mobilizar no 1º de maio realizando un apelo á greve xeral

SOCIAL | Sob o lema ‘Pola recuperación dos dereitos, contra a pobreza e a precariedade e por empregos, salarios e pensións dignas’, a central nacionalista e de clase convoca 13 manifestacións en cidades e vilas do noso País.  Ao tempo, a CIG realiza un chamamento a camiñar cara a unha greve xeral “no convencemento de que é a resposta necesaria ante a situación que estamos a vivir”.

Advirte a CIG que, fronte á propaganda diaria sobre o crecemento e a recuperación da economía, “na realidade estamos diante dunha gran mentira porque todos os indicadores públicos evidencian un empobrecemento xeneralizado” e lembra que hoxe ter un traballo “non garante vivir en condicións dignas”.

Entende a central nacionalista que  vivimos tempos “de emerxencia nacional e social” ante o agravamento do asentamento imparábel da precariedade, dos baixos salarios, das pensións de miseria e dunha incesante emigración, polo que apela a intensificar a mobilización “para conseguir derrogar as reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións se queremos evitar o risco de vivir en peores condicións que as xeracións anteriores”.

É por isto a CIG centra a mobilización do Primeiro de Maio na necesidade de camiñar cara a unha folga xeral, “conscientes do que significa, pero no convencemento de que é a resposta necesaria ante o que estamos a vivir”. Greve que, a zuízo da central nacionalista debe servir tamén como resposta ao retroceso das liberdades democráticas e dos dereitos fundamentais que se está a realizar “a través da chamada “Lei Mordaza”, da última reforma do Código Penal, que se está a manifestar con brutal represión contra traballadores e traballadoras con risco de entraren en prisión por exercer o dereito á folga (como lle ocorreu a Carlos e Serafín) ou a existencia de presas e presos políticos por defenderen os dereitos nacionais dos pobos que integran o Estado español”.

MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS POLA CIG

  • Pontevedra. Praza da Ferrería 11:30h
  • Vilagarcía. Casa do Mar 12h
  • A Estrada. Praza do Mercado 12h
  • Lugo. Edificio Sindical (Ronda da Muralla) 12h
  • Ribadeo. Edificio Sindical (Avda. Da Galiza) 12h
  • A Coruña. Praza de Vigo 12h
  • Cee. Diante do Concello 12h
  • Ferrol. Local da CIG – Avda de Esteiro 12h
  • Compostela. Praza Roxa 12h
  • Ribeira. Praza do Peixe 12h
  • Vigo. Dobrada 12h
  • Cangas. Praza do Concello 18:30h
  • Ourense. Praza Maior 11:30h

 

LER MÁIS en AVANTAR

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s