BNG de Compostela conmemora nesta terza feira a Revolución galega de 1846

MC def.pngGALIZA | O Bloque Nacionalista Galego de Santiago de Compostela organiza un acto público de tributo aos Mártires de Carral cando se fan 172 anos da Batalla de Cacheiras que poría fin á Revolución iniciada no día 2 de abril, en Lugo. Será neste  24 de abril ás 18:00 horas na praza da Inmaculada, diante do mosteiro de San Martiño Pinario, último punto de reisitencia das tropas galegas.

No acto intervirán Rubén Cela, Portavoz municipal do BNG e de Goretti Sanmartín Rei, concelleira e Vice-Presidenta da Deputación da Coruña. Actuará o grupo Os Enxebres de San Lázaro.

Segundo o BNG, o obxectivo é conmemorar “a revolución de 1846 e os feitos históricos e de reivindicación política que vinculan Santiago de Compostela cos Mártires de Carral”. Os nacionalistas salientan que Compostela foi un dos escenarios chave da Revolución Galega de 1846 pois nesta cidade “se reuniu a Xunta Superior do Goberno de Galiza que publicou a proclama elaborada por Antolín Faraldo contra o sistema tributario, recorte de dereitos e centralización administrativa impulsada por Ramón María Narváez”.

Destacan aínda que esa proclama expresa que Galiza ” arrastrando até aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da Corte, vai levantarse da súa humillación e abatemento”.

mc.jpg

Lembra o BNG que isto daría pé ao comezo da revolución e á ofensiva do Goberno español para intentar sufocala. Após 20 días de goberno galego independente, no 23 de abril ten lugar a Batalla de Cacheiras entre o Exército galego e as tropas españolas. O último escenario da batalla foron as rúas de Santiago de Compostela e o Mosteiro de Santo Martiño, onde o xeneral Solís se rendeu ás 7 da tarde.

Resalta o BNG que “máis de 2.000 persoas resistiron no mosteiro de San Martiño Pinario, onde levaron tamén o arcebispo Rafael Vélez. Entre eles estaban 300 estudantes e voluntariado civil. Miguel Solís solicitou un armisticio mediante o arcebispo que foi rexeitado polo bando español. Os revolucionarios entregaron as armas; uns marcharon a Portugal e Solís foi apreixado nas escaleiras de San Martiño Pinario xunto con 60 oficiais, que serán xulgados por un tribunal militar e fusilados para aplacar a poboación disposta a continuar coa rebelión pola liberación do país. Convértense así nos Mártires de Carral”.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s