Sindicatos nacionais da Galiza, da Cataluña e Euskal Herria denuncian escalada represiva

TRISOCIAL | As centrais nacionalistas das tres nacións, CIG (Galiza), CSC (Cataluña), ELA e LAB (Euskal Herria) reuníronse en Compostela para realizaren unha denuncia conxunta do “ataque sen precedentes que se está dando no Estado español á democracia e ás liberdades”. Afirman que non é só un ataque na Cataluña contra o independentismo, senón “contra os máis básicos dereitos democráticos” e salientan a “persecución e criminalización salvaxe do dereito de folga”.

En conferencia de imprensa posterior ao encontro, as catro centrais presentaron un manifesto conxunto en que reclaman “a restitución da normalidade democrática en Catalunya; a liberdade de Puigdemont e de todas as persoas presas políticas; o retorno das exiliadas; o cesamento do acoso policial e xudicial contra cargos políticos e institucionais e a inmediata negociación dunha saída que recoñeza o dereito dos pobos a decidir sobre o seu futuro”.

Paulo Carril, Secretario Xeral da CIG,  anfitrioa do encontro, denunciou a situación da Cataluña como “de auténtica excepcionalidade”, cualificou de “antidemocráticas” as actuacións do rexime español e salientou que non existerealmente separación de poderes nun Estado en que “reaparece, unha vez máis, a máis rancia e reaccionaria cara do réxime de 78 herdeiro da ditadura franquista”.

LER MÁIS en AVANTAR

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s