PP pon en marcha a máquina represiva contra Bará por rachar fotos do Borbón

DalLw1sXUAAlz9-GALIZA | Confirmando a denuncia que o deputado do BNG facía desde a tribuna do Parlamento de cerceamento da liberdade de expresión, o Partido Popular inicia accións para punir o xesto de Luís Bará. No propio día (cuarta feira, 11) falaba de estudar as “consecuencias legais” do acto e para esta sexta (13) foi convocada por urxencia a Mesa e a Xunta de Portavoces. 

Unha acción simbólica que tiña por obxecto denunciar a persecución que se produce no Estado español do dereito á liberdade de expresión ao amparo do Código Penal de da Lei da Mordaza pode acabar sendo tamén punida. Esa é, polo menos, a pretensión do Partido Popular que, por boca de Feixoo, cargou duramente contra Luís Bará e agora pretende sancionar o deputado nacionalista.

O xesto de Luís Bará lembraba precisamente que na lexislación española e no Código penal, “queimar un retrato do rei é un delito de odio” e que por isto  foron acusados dous rapaces cataláns e condenados a 15 meses de prisión. No entanto, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos corrixiu o Estado español e sentenciou  que foi queimar un retrato do Borbón é simplemente “un acto de liberdade de expresión”.

O BNG defendía nesa intervención parlamentar unha iniciativa para modificar o Código Penal e derrogar a lei de Seguranza cidadá (Lei da mordaza) co fin de impedir a actual interpretación dos delitos de incitación ao odio, que é empregada para coartar a liberdade de expresión.

Aliás, Bará exhibiu a bandeira patriótica galega no estrado para denunciar a persecución que está a sofrer, particularmente nos estadios de fútbol, “unha bandeira de amor a Galiza pola que mataron a Anxel Casal, a Alexandre Bóveda, a Vítor Casas”.

Face á reacción do Partido Popular, a acción do nacionalista recibiu numerosos apoios, que foron patentes nas redes sociais. Luís Bará asegurou que fixo “o que tiña que facer, teño a conciencia moi tranquila e non temo as repercusións”.

Tamén o BNG se reafirmou no xesto do seu deputado salientando que ao PP “dos sobres en B, das fotos con narcos e da Lei Mordaza preocúpalle a foto do Rei que rachou . A democracia, a liberdade de expresión,… están a ser esmagados pola súa onda represiva. Niso si que teñen un máster. Nas redes, o BNG  lanzou os hashtag  e .

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s