Día das mentiras: “No primeiro de abril van os burros onde non deben ir”

1A

CULTURA | O día 1 de abril é na tradición galega o ‘Día dos enganos’ ou ‘Día das mentiras’, a ocasión para facer brincadeiras ás amizades ou divulgar falsas noticias para gozar coa confusión das persoas crédulas. Unha data para recuperar plenamente para a celebración  popular frente á preeminencia, hoxe evidente, da tradición española do ‘Día dos santos inocentes’.

Antes de que o proceso de asimilación cultural practicamente conseguise apagar esa data da memoria colectiva, o primeiro de abril celebrábase por todo o País con bromas e falsas noticias que tiñan por obxectivo enganar as persoas incautas e desfrutar co resultado. De aí o nome de ‘Día dos enganos’ máis común na Galiza, ou ‘Día das mentiras’.

Unha das brincadeiras preferidas na tradición popular é enviar alguén a algún lugar con información falsa, por exemplo, pedíndolle para buscar algunha cousa. Se a persoa for, será motivo de burla. Esa é, con certeza, a razón da expresión que se asocia ao día: ‘No primeiro de abril van os burros onde non deben ir’.

A orixe desta celebración é discutida. A versión máis popular defende que aparece en Francia no século XVI. Na altura, o Ano Novo era celebrado a 25 de marzo, coa chegada da primavera, e os festexos continuaban até 1 de abril. En 1564, após a adopción do calendario gregoriano, o rei Carlos IX estabeleceu que o Ano Novo sería festexado a 1 de xaneiro. No entanto, algunhas persoas continuaran a seguir o calendario antigo, polo cal o ano comezaba en 1 de abril. As persoas partidarias do novo calendario pasaran entón a ridicularizalos enviándolles  presentes estraños e convites para festas que non existían.

A partir de aí, o ‘Día das mentiras’ estenderíase a outros lugares. Nos países anglosaxóns é coñecido como April Fools’ Day, “Día dos Parvos (de abril)” e até os grandes xornais costuman divulgar -ese día de maneira evidente- algunha falsa noticia. Na Italia e na Francia é chamado respectivamente pesce d’aprile e poisson d’avril, literalmente “peixe de abril” e o costume é cortar peixes de papel e colarllos nas costas á xente.

Na Galiza, a recuperación do ‘Día dos enganos’ comezou hai xa algúns anos, como aconteceu con outras tradicións populares case perdidas como a do Apalpador ou a Noite das bruxas (Samaín). No entanto, a celebración fica aínda moi lonxe da popularidade  dos ‘inocentes’, consecuencia da asimilación cultural española, e será preciso moito traballo de divulgación para restaurar plenamente a tradición galega.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s