O Manifesto ‘Basta xa’ suma nas primeiras horas máis de 2.000 apoios

GALIZA | Foi lanzado no mediodía deste sábado (24) para reclamar democracia e respecto pola vontade democrática do povo catalán e en poucas horas superou as dúas mil asinaturas. Entre elas destacan nomes como os das eurodeputadas Ana Miranda (BNG) e Lidia Senra (En Marea), a portavoz nacionalista Ana Pontón, a xornalista Comba Campoi ou o avogado coruñés Xosé Antón Pérez-Lema.

Antón Cortizas, Cándido Pazó, Luís Gonçales Blasco ‘Foz’, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marcos Maceiras, David Otero, Afonso Álvarez Cáccamo, Xosé Luís Rivas ‘Mini’, Valentim Fagim, Xabier Pérez Davila, Afonso Eiré, Montse Prado, Néstor Rego, Anxo Noceda, Xosé L. Ribera Jácome, Xosé Lois Romero Falque, Ramiro Vidal Alvarinho, Calso Álvarez Cáccamo, Alfredo Suárez Canal ou Encarna Otero son algúns dos nomes coñecidos que avalan coa súa sinatura a denuncia da represión e a exixencia de “liberdade inmediata de todos os presos e presas políticas perseguidas e encarceradas polo simple feito de defenderen por métodos pacíficos que o pobo catalán existe e ten unha vontade política expresada democraticamente nas urnas, que debe ser respectada”.

O Manifesto pode ser asinado aquí

LER TAMÉN:

Lanzan Manifesto denunciando represión e reclamando respecto para a Cataluña

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s