Lanzan manifesto denunciando represión e reclamando respecto para a Cataluña

represGALIZA | Vén de se facer público o Manifesto Basta xa! en que se expresa a repulsa pola forma en que o Estado español “está a tratar o pobo catalán, as súas institucións democráticas e os seus e as súas lexítimas representantes políticas”. Entre as persoas asinantes iniciais están Suso de Toro, Margarida Ledo, Quico Cadaval, Elvira Souto, Antonio Oca, Mercedes Queixas, Xurxo Souto, Ana Cabaleiro, Paulo Carril, Adela Figueroa ou Xosé Lois ‘O Carrabouxo’.

O Manifesto pode ser asinado aquí

 

Eis o texto íntegro:

BASTA XA!

Como galegas e galegos, que sabemos moito de humillacións e de falta de respecto á nosa dignidade como pobo, manifestamos a nosa repulsa pola forma en que o Estado español está a tratar o pobo catalán, as súas institucións democráticas e os seus e as súas lexítimas representantes políticas.
Repudiamos, e sentímonos tamén ameazados e ameazadas, polo empeño do Estado español no recurso á represión en forma de embargos, procesos, cárcere e exilio como contestación á manifestación da vontade política do pobo catalán, expresada nas urnas, a favor dun referendo de autodeterminación, e, en todo caso, a favor da superación do marco autonómico.
Consideramos que se está perseguindo dirixentes da Cataluña polo único feito de expresaren libremente as súas ideas socialmente e na sede das institucións políticas constituídas democraticamente, conforme á legalidade e á lexitimidade que lles deu o pobo catalán, sen que en ningún momento cometesen por iso delitos de sedición e rebeldía. Avergoña e entristece a violencia institucional, xudicial e policial, que o Estado español, co Goberno á fronte, está empregando, impropias dun Estado minimamente democrático.
Basta xa!. Queremos a liberdade inmediata de todos os presos e presas políticas perseguidas e encarceradas polo simple feito de defenderen por métodos pacíficos que o pobo catalán existe e ten unha vontade política expresada democraticamente nas urnas, que debe ser respectada.

Promotoras e promotores:

  • Suso de Toro
  • Mercedes Queixas
  • Quico Cadaval
  • Isabel Risco
  • Paulo Carril
  • Margarita Ledo
  • Xoán Costa
  • Elvira Souto
  • Xurxo Souto
  • Pilar García Negro
  • Moncho Suevos
  • Ana Cabaleiro
  • Óscar Valadares
  • Pilar Pallares
  • Xosé Lois “O Carrabouxo”
  • Adela Figueroa
  • Antonio Oca
  • Francisco Rodríguez
  • Olaia Ledo
  • Vítor Vaqueiro
  • Xosé Collazo

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s