BNG condena represión contra líderes independentistas e povo da Cataluña

catprotGALIZA / INTERNACIONAL | A organización nacionalista fixo público un comunicado en que reclama “a saída de prisión de todos os presos e presas políticas e a posibilidade de volta das e dos exiliados, así como a busca efectiva dunha saída negociada e pacífica, que permita a Galiza, Euskal Herria e Catalunya decidir, libre e democraticamente, o seu futuro”.O BNG expresa o apoio e solidariedade “a todas ás persoas inxustamente encausadas neste proceso e ás formacións políticas e sociais que representan”, ao tempo que mostra a condena pola instrumentalización política que se está a facer por parte do goberno español do poder xudicial que -a xuízo da forza nacionalista- “evidencia que non existe unha separación real de poderes”.

Para o Bloque Nacionalista Galego a situación política que se vive na Cataluña “é, en termos democráticos e de liberdades básicas, de máxima gravidade”, pois entende que vivimos “un auténtico estado de excepción non declarado” como consecuencia da intervención do goberno catalán mediante a aplicación do artigo 155 da Constitución española e e tamén da utilización do aparello xudicial “co encarcelamento e persecución das e dos politicamente discrepantes aos que se lles dá como única opción a prisión ou exilio”.

Sostén o BNG que o encausamento de dirixentes independentistas baixo a acusación dun delito de rebelión (que pode implicar penas de prisión de até 30 anos), “é unha aberración en termos políticos, mais tamén en termos xurídicos” pois para se producir este delito necesariamente ten que existir violencia. “En todos estes anos, se por algo se ten caracterizado a mobilización política en Catalunya, é polo seu civismo e formas absolutamente pacíficas. A única violencia vivida en Catalunya durante este proceso foi a aplicada polo estado español a mans da policía na represión aplicada contra as cidadáns e cidadás que quixeron votar, libre e democraticamente, no referendo do pasado 1 de Outubro” alega a frente nacionalista.

LER COMUNICADO ÍNTEGRO

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s