Pablo Iglesias ignora En Marea como posíbel aliado nas eleccións municipais e europeas

domenech-iglesiasGALIZA | Neste sábado (10) o Secretario Xeral de Podemos defendeu que o nome do seu partido “debe estar visíbel en todos os procesos electorais” e, con esa condición, que apostarán na “confluencia coas forzas políticas irmás”, entre as que citou IU, Equo e Catalunya en Comú-Podem, mais non En Marea.

“Podemos é o principal significante do cambio e o nome de Podemos debe estar visíbel  en todos os procesos electorais en que nos presentemos”, afirmou Pablo Iglesias, se ben adminitiu excepcións naqueles concellos en que xa existan marcas consolidadas gobernando.

A ausencia de mención a En Marea vén logo a seguir a carta que Antón Sánchez dirixiu como portavoz de Anova queixándose de que o Grupo de Unidos Podemos non contaba con eles para tomar decisións en temas tan importantes como o acordo sobre reforma electoral con Ciudadanos.

Sánchez sinalaba na misiva que o portavoz de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, nin sequera foi convocado á reunión da dirección do grupo en que foi adoptada esa decisión. Portavoces de Unidos Podemos non quixeron comentar a queixa e non se fixo público que a carta obtivese resposta.

Por outra parte, na mesma reunión do “Consello Cidadán Estatal” en que estabeleceu as condicións e prioridades para as alianzas electorais, Pablo Iglesias deu por finalizado “o momento de pánico e incerteza” en Cataluña e, por tanto, tamén a crise “do noso modelo territorial como país”. Ademais, Iglesias apelou mais unha vez ao españolismo, chamando o seu partido a construír o “patriotismo social do común”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s