Revolta feminista nas rúas da Galiza: millares claman pola igualdade

 

C

Foto: CIG

SOCIAL | A resposta das mulleres á convocatoria de greve e ás manifestacións foi histórica e deixaron imaxes de mobilizacións masivas nas rúas da Galiza. O desprezo dos gobernos do PP ás reclamacións de igualdade real (lembremos a Raxoi falando da brecha salarial: “non nos metamos niso”) ou do fin da violencia machista tivo unha constestación excepcional do movemento feminista, o que claramente coloca as súas reivindicacións na axenda política inmediata.

 

A Confederación Intersindical Galega (CIG), a primeira central sindical que convocou greve no nos País, informou dun altísimo seguimento nos diversos sectores. Segundo a CIG, pararon 100% das traballadoras en moitas empresas do sector industrial -particularmente da comarca de Vigo- en canto noutras o seguimento se situou en percentaxes superiores a 70%. No ensino público a greve atinxiu máis de 70% das docentes e no Consorcio de Servizo de Benestar colocouse acima de 90%.

Mais, se a greve -a primeira destas características que é convocada- foi un éxito, as mobilizacións na rúa desbordaron todas as expectativas, até se tornaren as máis numerosas na historia do movemento feminista e mesmo até se situaren entre as máis masivas das realizadas no noso País.

Tanto na mañá -realizadas polas mulleres- como pola tarde -mixtas, mais moi maioritariamente de mulleres-, as manifestacións colapsaron as rúas das cidades e vilas da Galiza. Especialmente significativas foron as que decorreron en Vigo, na Coruña ou Santiago de Compostela, onde as manifestantes encheron a Praza do Obradoiro.

Eis algunhas imaxes da mobilizacións masivas rexistradas neste 8 de marzo.

B

Foto: Facebook de Luís Bará

 

V-B

Foto: Facebook de Luís Bará

V-BN

Vigo. Foto: Facebook do BNG

AC-B.jpg

A Coruña. Foto: Facebook de Luís Bará

OU-BN.jpg

Ourense. Foto: Facebook do BNG

 

L-BN

Lugo. Foto: Facebook do BNG

 

AC-BN.jpg

A Coruña. Foto: Facebook do BNG

BUR-B.jpg

Burela. Foto: Facebook de Luís Bará

SC-B.jpg

Santiago de Compostela. Foto: Facebook de Luís Bará

AC-BN2.jpg

A Coruña. Foto: Facebook do BNG

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s