CIG convoca mobilizacións no 10 de marzo, Día da clase obreira galega

imaxeSOCIAL | Decorrerán enVigo e Ferrol para reclamar a recuperación de dereitos e loitar contra a precariedade e a pobreza.  “Na Galiza, empregos, salarios e pensións dignas” é a palabra de orde con que a central nacionalista chama a clase traballadora do noso País a se manifestar neste sábado.

A manifestación de Vigo saíra ás 12 da mañá do cruzamento da Dobrada. Á mesma hora partirá a de Ferrol desde o local do sindicato, na Avenida do Esteiro, até o monumento ao 10 de Marzo, onde se realizará unha ofrenda floral a Daniel e Amador, traballadores asasinados pola policía española a 10 de marzo de 1972.

A CIG  chama a se mobilizar “para combater e derrotar todas as contrarreformas que nos impuxeron” e para exixir emprego, salarios e unhas pensións dignas. A análise que realiza a central nacionalista é que a precariedade e a pobreza laboral xunto co crecemento das contratacións a xornada parcial e dos contratos que duran “horas, días ou como máximo unha semana”, é unha realidade que vai camiño de ser estrutural.

Para a CIG, a iso hai que acrecentar a caída dos salarios, o aumento dos e das traballadoras con ingresos inferiores ao SMI, ou a existencia de moitas persoas no desemprego que non perciben ningún tipo de prestación. Por iso,  o sindicato nacionalista apela  á mobilización xeral e tamén “á mobilización na negociación colectiva, como a vía para combater e derrotar todas estas reformas e para avanzar na recuperación dos nosos dereitos e dos nosos salarios”.

Máis información en Avantar

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s