Crise no subgrupo de En Marea: Anova quéixase de que Podemos non conta con ela

EM

GALIZA | O portavoz do subgrupo no Congreso, Fernán Vello, nen sequera foi convocado á reunión do grupo de Unidos Podemos en que se decidiu a negociación da reforma da Lei electoral con Ciudadanos. A carta de Antón Sánchez tamén foi ignorada e non obtivo resposta. 

O Portavoz Nacional de Anova, Antón Sánchez, dirixiu unha carta á dirección do Grupo Parlamentar de Unidos Podemos criticando a proposta de reforma da lei electoral con Ciudadanos e, sobre todo, o feito de que non se tivese contado con En Marea nese proceso. Sánchez sinala que o portavoz do subgrupo, Miguel Anxo Fernán Vello “non foi convocado e polo tanto non participou na reunión da Dirección do Grupo Parlamentar de UP-ECP-EM, como viñan facendo os anteriores portavoces de En Marea nas Cortes”.

Anova tamén critica o acordo con Ciudadanos sobre unha posíbel reforma da Lei electoral. “Cremos que é singularmente negativo”, sinala. E engade que sería o partido de Albert Rivera o que “pode verse beneficiado no horizonte das eleccións municipais de 2019” desa posíbel reforma electoral.

Segundo recolle eldiario.es, a carta do Portavoz Nacional de Anova non mereceu a resposta de Unidos Podemos. A preguntas dese medio, un portavo oficial do Grupo tería respondido: “Non temos nada que dicir”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s