Ana Pontón reforza a exitosa campaña do BNG: “Si, estamos até a cona”

SOCIAL | O BNG lanzou para este 8 de marzo unha novidosa e exitosa campaña, saíndo do ‘politicamente correcto’, que conseguiu o que pretendía: impacto social e mediático e, sobre todo, pór o dedo na chaga da persistencia da discriminación das mulleres -especialmente no ámbito laboral e salarial- e da violencia machista.

cona.jpg

Cartaz da campaña do BNG

A técnica de replicar a campaña institucional da Xunta polo 25 de novembro, cualificada de neomachista por toda a oposición, e de empregar unha expresión popular -considerada a priori inadecuada na linguaxe política- conseguiron o efecto buscado. “O máis grande da Galiza está até a cona” tornouse un slogan impactante que logrou xerar debate social e furar o veo da ocultación mediática que habitualmente acompaña as campañas do nacionalismo.

De facto, desde ese punto de vista está a ser, sen dúbida, a campaña máis exitosa do BNG dos últimos tempos, pois ocupou espazos informativos en todos os medios galegos e mesmo nalgúns estatais. Alcanzou tamén unha ampla divulgación nas redes sociais, como o demostra o feito de que centenas de persoas estean a utilizar o lema como foto de perfil ou que o cartaz da campaña superase os 1.700 compartillamentos e os 3.900 “gústame” no Facebook, algo insólito na comunicación política neste País.

Mais, sobre todo logrou expresar con rotundidade o fastío de moitas mulleres que constatan cada día que a igualdade legal non significa igualdade real e que, en moitos aspectos, esta fica aínda moi lonxe. Particularmente co que ten a ver co mundo laboral, a brecha salarial (cuantificada en máis de 4.500 euros/ano) ou a lacra social da violencia machista e os feminicidios.

Tamén xerou polémica, como calquera boa campaña política. Inicialmente pola resposta do PP, que tentou tildar a campaña de ‘tránsfoba’ sen éxito, pois foi o intento foi logo afogado polo recordatorio da posición do Partido Popular no Parlamento da Galiza contraria á proposición de Lei integral de identidade de xénero promovida polos colectivos LGTBI e defendida por toda a oposición e aínda pola resposta nas redes de persoas transexuais que difundiron o slogan “As mulleres trans tamén estamos até a cona”.

A polémica continuou a raíz dun artigo de Pilar García Negro no Sermos Galiza en que discordaba da campaña que foi aproveitado por La Voz de Galicia para lanzar a idea de que se abría unha fenda no BNG, aínda que posteriormente o propio medio reduciu esa brecha a “non ideolóxica, senón xeracional”.

Nese mesmo xornal publica nesta cuarta feira (7) un artigo Ana Pontón en que reforza a mensaxe do BNG. A Portavoz Nacional asume que o slogan que “escandalizou” o PP pode ser “politicamente incorrecto”, mais alega que “honestamente, o escandaloso non está en expresar o fastío das mulleres con ese «até a cona», o escandaloso é que unha galega cobre 4.513 euros menos por facer o mesmo traballo sen que a Xunta mova un dedo. Escándalo é que moitas teñan que facer dobre xornada para poder conciliar, mentres os gobernos escatiman en escolas infantís, centros de día e nos dereitos de conciliación. Escándalo é que asasinen 60 mulleres cada ano sen que se converta nunha cuestión de estado, que cada semana haxa unha denuncia de violación e se despachen aconsellándonos que non saiamos soas á rúa, que se rexistren máis de 5.000 denuncias por violencia machista e aquí non teñamos sequera xulgados especializados en todas as cidades”.

Pontón asegura que o que queren as mulleres é “un emprego digno, cobrar o mesmo, vivir sen violencia e romper cos chans pegañentos e os teitos de cristal” e acrecenta que a historia mostra que os avances nesa liña veñen da man de mulleres “que se atreveron a ser irreverentes e incómodas”. Toma como referentes ilustrativos Rosalía de Castro. que “alporizou os sectores conservadores en 1863 por publicar Cantares gallegos na lingua que falaba o pobo”, Olympe de Gouges, a sufraxista Emily Davidson ou Kathrine Switzer, que en 1967 sufriu insultos e empurróns por correr na Maratón de Boston.

Ana Pontón afirma que é a ousadía e espírito de rebeldía que moveu as pioneiras do feminismo o que tamén move a campaña lanzada polo BNG para o 8M: “xerar debate e poñer o dedo na chaga, contestando desde o politicamente incorrecto que a violencia machista e a discriminacións ás mulleres non se combaten con celebracións rituais, e menos con campañas paternalistas e neomachistas. Iso si nos escandaliza”.bngfem.jpg

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s