Via Galega: “Somos unha nación. Fagamos ouvir a nosa voz”

BVG

María Bará, estudante de ERGUER, intervén no acto

GALIZA | Na mañá deste sábado (3 de marzo) decorreu a presentación pública de Vía Galega, Plataforma para a defensa dos dereitos nacionais da Galiza. Vía Galega está constituída nesta altura por máis de 50 entidades sociais de todo tipo, desde a CIG até asociacións culturais, fundacións ou centros sociais. 

Máis de 200 persoas asistiron á presentación pública en que Vía Galega explicou o seu propósito de se constituír nunha iniciativa social ampla e plurar para traballar pola defensa dos intereses da Galiza e polo recoñecemento dos dereitos colectivos que lle corresponden, nomeadamente o dereito de autodeterminación.

No acto, conducido por Xurxo Souto, interviñeron Suso Seixo (Fundación Moncho Reboiras), María Xosé Bravo (Galiza Cultura), Bruno Lopes Teixeiro (Artábria), Susana Méndez (CIG), María Bará (ERGUER) e Antón Laxe (Fundación Manuel María).

Seixo salientou que Vía Galega non pretende ocupar o espazo de ninguén e tamén non ten ningunha pretensión electoral, senón que nace para traballar para afortalar a conciencia nacional na sociedade galega e agrupar os esforzos para lograr que chegue a ser “socialmente maioriaria, para reclamarmos o dereito a exercer libremente a nosa autodeterminación”.

Para alén da conformación como Plataforma integrada por entidades colectivas, Vía Galego incentiva tamén a adhesión individual, que é posíbel realizar através dun formulario na súa páxina web, viagalega.gal.

A plataforma ten tamén xa presenza nas redes sociais: Twitter @viagalega e Facebook Via Galega.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s