Militantes do BNG toman a Casa Cornide, espoliada por Franco

59b6a83121068.jpg

GALIZA | Nunha acción simbólica que lembra a toma do Pazo de Meirás no pasado 30 de agosto, militantes do BNG co Responsábel de Organización, Bieito Lobeira, á frente, reclamaron a devolución ao patrimonio público da Casa Cornide, situada na Cidade Vella da Coruña e que chegou aos Franco nos anos 60 mediante unha poxa amañada.

BNG CorO BNG continúa a loita contra os privilexios da familia Franco e contra o que cualifican de “herdanza patrimonial e política do franquismo”. Após diversas propostas en institucións públicas -Parlamento da Galiza, Europeo, Deputacións, concellos…- a frente nacionalista pasou á acción no pasado agosto coa ocupación simbólica do Pazo de Meirás. Despois viría un acto diante da Catedral de Santiago para reclamar a devolución das estatuas do Pórtico da Gloria.

Agora é a vez da Casa Cornide, un pazo no centro da Coruña que foi sede do Concello e que ten un algo valor artístico e patrimonial. Militantes do BNG despregaron unha faixa na varanda no edificio cos lemas “Que nos devolvan o roubado” e “Franquismo nunca máis”. 2017090716490635392.jpg

No marco desta campaña pola recuperación do patrimonio indebidamente apropiado por Franco durante a ditadura, a Portavoz Nacional, Ana Pontón e Ana Miranda presentaron na pasada semana unha denuncia contra a Fundación Francisco Franco diante da ONU, en Xinebra.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s