BNG presenta proposta para a soberanía no camiño da República da Galiza

23s.png

GALIZA| “Conforme ao principio de autodeterminación nacional, a soberanía política na Galiza corresponde ao pobo galego”. Desta premisa parten as Bases Democráticas que o BNG vén de presentar neste sábado (23) nun acto masivo en Compostela.

O Bloque Nacionalista Galego quere que Galiza “aproveite o momento histórico que vivimos” -en palabras de Ana Pontón- para deixar atrás o marco político da Constitución e da autonomía e avanzar para un País “con poder político e soberanía”.

O BNG, “forza que ten lexitimamente como horizonte estratéxico un Estado Galego soberano, a República da Galiza” fai un apelo ao conxunto da sociedade galega para debater a necesidade de dar un paso adiante, mudando o rumbo “fracasado” do autonomismo e convida a “asumir compartidamente que a nación galega pode e debe exercer os dereitos que colectivamente lle corresponden e, en consecuencia, iniciar xa o camiño para acceder a un novo marco político-institucional que garanta o dereito a decidir sobre o noso e sente as bases para o progreso e benestar do pobo galego”.

O documento incorpora en 33 puntos, para alén das bases da soberanía, un forte contido social, económico, lingüístico e democrático. Aposta no desenvolvemento na Galiza soberana dun modelo de “democracia participativa, garantindo a participación cidadá nos asuntos públicos, a través da iniciativa lexislativa popular, en todos os ámbitos de actuación dos poderes públicos e estabelecendo a obrigatoriedade de referéndums vinculantes en materias chave para garantir os dereitos humanos e os dereitos sociais e políticos”.

O documento completa das Bases Democráticas para unha nova Galiza pode ser lido na seguinte ligazón: unpasoadiante.gal

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s