O PP mantén a oposición ao esclarecemento de responsabilidades polo accidente de Angrois

FKN-HOME13SOCIAL | Núñez Feixoo critica a mudanza de posición do PSOE, que agora pide unha Comisión de investigación. Agustín Hernández (Ex-conselleiro e portavoz do PP en Compostela) négase a pedir perdón, como lle solicitan as vítimas. BNG exixe sistema de seguranza ERTMS.

Após diversas solicitudes de BNG e En Marea tanto no Congreso como no Parlamento da Galiza que foron sempre rexeitadas por PP e PSOE, agora o partido de Pedro Sánchez mudou de opinión e rexistrou a petición de abrir comisións de investigación para esclarecer as causas e as responsabilidades do accidente do Alvia en Compostela, que deixou 80 persoas falecidas e numerosas feridas.

O Presidente da Xunta rexeitou máis unha vez, a Comisión de investigación e atribuíu a mudanza de posición do PSOE a “unha vinganza” da nova dirección contra Xosé Blanco, ex-ministro de infraestruturas e transportes.

Por outra parte, o Pleno da Corporación de Compostela aprobou unha proposta do BNG para que o tramo galego do Tren de Alta Velocidade incorpore o sistema de seguranza ERTMS, que podería ter evitado o accidente e que catro anos despois continúa sen estar instalado. O Partido Popular abstívose.

Durante o debate da proposta un portavoz das Asociación de vítimas do Alvia interviu e solicitou a Agustín Hernández que pedise perdón e exixise a creación dunha comisión de investigación. O portavoz do PP manifestou o respecto ás vítimas mais rexeitou calquera responsabilidade e o que cualificou como ‘xuízos paralelos’.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s