En Marea contraprograma a Anova no Día da Patria

GALIZA | O divorcio parece ser xa total. Até o punto de que as principais organizacións da ‘confluencia’ (Anova, Podemos e Esquerda Unida) realizarán no 25 de xullo actos diferentes competindo co que organiza En Marea. Anova e a organización que lidera Villares celebrarán o Día da Patria separados por escasamente 150 metros.

Anova 2016.jpg

Acto de Anova no Parque das Galeras en 2016

Hai días que Anova tiña anunciado o seu acto para o Día da Patria: unha ‘romaría popular’ no Parque das Galeras, á 1 da tarde. Nesta cuarta feira (19) En Marea anunciou, a medio dun comunicado, que organiza un acto propio sob o mote “A Galicia da xente que queremos. A Patria dos comúns” ás 12,30 da mañá no Parque de Vista Alegre.

Acontece que os actos da forza de Villares e da que lidera Antón Sánchez (teoricamente incorporada naquela) decorrerán con media hora de diferenza a apenas 150 metros o un do outro. Todo un símbolo da división que vive En Marea.

Pola súa parte, as outra dúas forzas que apoiaron a creación de En Marea, Podemos e Esquerda Unida, tamén anunciaron actos propios. Desta forma as tres organizacións manteñen aberta a crise da ‘confluencia’ e escenifican a soedade en que pretenden deixar a Villares.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s