UPyD denuncia a Galiza Nova por colocar bandeira da Patria na muralla de Lugo

gnlGALIZA | Segundo denunciou a organización xuvenil do BNG a ‘Falanxe rosa’ pretende “censurar a nosa bandeira” após coñecer a denuncia que o partido españolista presentou diante de Patrimonio. “Non calaron aos que nos precederon e tampouco nos calarán a nós!”, garante Galiza Nova.“A Falanxe Rosa (tamén coñecida como UPYD), a quen nós considerabamos xa extinta, resurdiu esta mañá do 18 de Xullo (que apropiado!) para denuciarnos ante Patrimonio por despregar desde a Muralla Romana de Lugo a bandeira da patria. Alegan, para iso, que ao ser a Muralla Patrimonio da Humanidade “no es una valla publicitaria que puedan usar los nacionalistas a su antojo”. Calquera escusa é válida, ou así debe pensar esta xente, para sacar un nimio rédito político dun acto simbólico organizado coa intención de visibilizar o que tanto lle gusta ao españolismo e ao fascismo ocultar: que Galiza é unha nación”. Desta forma denuncia Iria Buíde, de Galiza Nova, a actuación de UPyD contra a acción simbólica da mocidade nacionalista.

Buíde, membro da Dirección nacional da organización xuvenil do BNG, garante no entanto que Galiza Nova continuará coa súa campaña do Día da Patria Galega. “Ante estas ameazas constantes ás que xa estamos tan acostumadas en Galiza Nova só nos resta dicir: nós non calaremos! Ninguén, por moitos medios de represión que empregue na nosa contra, é quen de parar á mocidade galega en pé pola nosa terra, pola nosa patria, pola nosa Galiza e é por iso que seguiremos saíndo á rúa nesta Semana da Patriaespallando por todo o país a bandeira xigante e sacándoa novamente á rúa os días 24 e 25 de Xullo en Compostela. Non calaron aos que nos precederon e tampouco nos calarán a nós!“, afirma.

LER MÁIS na WEB de GALIZA NOVA

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s