BNG edita video con canción de Mini e Caxade para celebrar Día da Patria

O Bloque Nacionalista Galego encargou aos cantores Mini e Caxade unha canción orixinal para a tornar ‘banda sonora’ do Día da Patria Galega de 2017. O video foi dado a coñecer nesta terza feira, 18 de xullo.”Estamos todas canda ti ondeando os corazóns, agora a praza toda ri, chegou o día de bicar a nación.”

“Cantamos porque somos un pobo vivo”, asegura o BNG na presentación do vídeo nas redes sociais . “Cantamos para dicir estamos aquí e celebramos o que somos. Cantamos para gañar o futuro e sorrimos para transformar o presente. Porque queremos #OutroRumbo para Galiza. Unha nación de iguais, xusta, próspera, con dereitos para todas as persoas”.

O BNG vén utilizando nas últimas campañas de comunicación músicas orixinais que pretenden -segundo afirman- mostrar a enorme potencialidade creativida do pobo galego. Nesta ocasión, apelan directamente á capacidade da musica  para simbolizar o novo tempo que o nacionalismo quere abrir na Galiza “Abrimos a xanela da ilusión desde a música, seguimos as estrelas máis alá e escribimos co corazón e coa cabeza, desde nós, o firmamento de razóns que nos han permitir facer de Galiza, a nación que compartimos, un proxecto colectivo de igualdade, benestar e dignidade construído coa forza do noso amor e do noso compromiso. Con Mini e con Caxade, cos milleiros de voces unidas na Praza da Quintana o 25 de xullo, desde cada recuncho da nosa Terra, estamos todas canda ti”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s