Vinte e unha organizacións e entidades convocan a Marcha xuvenil pola independencia

GALIZA | Sob o lema ‘A mocidade na ofensiva, independencia’, Galiza Nova, Isca, Erguer, Briga, UMG e máis 16 entidades diversas de carácter local impulsan a manifestación xuvenil pola independencia no día 24 de xullo, que vai xa polo cuarto ano. Será ás 8 da tarde desde a Alamenda de Compostela.

Segundo expresan nun breve manifesto divulgado no facebook, a xuventude independentista sae máis un ano á rúa “para deixarmos claro que non nos resignamos nin renunciamos á autoorganización do noso pobo para avantar no exercicio da autodeterminación cara á República Galega. Só loitando activamente contra as opresións que denunciamos é que poderemos construír esa Galiza ceibe por nós arelada”.

As entidades xuvenía convocantes garanten que repetirán as veces que for preciso “que queremos vivir libres nunha Galiza libre; queremos un futuro digno nunha Galiza antipatriarcal que rache co sistema de produción capitalista. Por todo isto, chamamos a asistir á manifestación do 24 de xullo ás 20:00 horas na Alameda de Compostela”.

Segundo a listaxe de adherentes actualizada a 14 de xullo, as entidades convocantes son as seguintes:

📍Asociación Cultural Arrulique

mxi

Cartaz da convocatoria

📍A Galleira – Ourense
📍Briga Juventude Revolucionária
📍Brigadas Lucenses
📍C.s. Fuscalho
📍Centro Social Gomes Gaioso
📍C.S. A Revolta do Berbês
📍Colectivo Nós
📍Colectivo Terra
📍Erguer Estudantes da Galiza
📍Fundaçom Artábria
📍Festival da Liberdade
📍FENDA-Embaixada Popular Galega
📍Galiza Nova
📍Isca mocidade
📍Local Social Faísca de Vigo
📍Mocidade Granate.
📍Ouligans.
📍Unión da Mocidade Galega
📍Tropas de Breogan
📍Sección Lololo

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s