Salarios, liberados e liderado, elementos de enfrontamento na crise de En Marea

GALIZA | Os críticos denuncian o aumento de salario dos cargos electos en función do ‘lucro cesante’. Os villaristas responden rexeitando a proposta dos críticos de ter liberados políticos. Uns e outros centran a batalla no liderado de En Marea.

Cada vez fica máis claro que a crise de En Marea xira arredor dunha loita de poder e de intereses. Desde a elección da Coordinadora, os críticos cargaron contra Villares por asumir o posto de Portavoz contra a opinión da súa propia candidatura e mesmo chegaron a acusalo -a el e aos seus- de traidores e tránsfugas.

Diversos medios e analistas coinciden en que a estratexia dos críticos é desgastar o liderado de Villares para deixar o campo aberto a outras opcións de cara ás próximas eleccións galegas, con algún dos alcaldes das cidades como posíbel aspirante. O propio Villares insiste en que as diferenzas políticas son poucas e vén mesmo de ofrecer un acordo sobre o documento político.

Así as cousas, o debate acabou por se centrar en elementos crematísticos. A proposta da Coordinadora de En Marea de permitir superar o límite de 3 salarios mínimos (2.123 euros) aos cargos que gañasen máis antes de ser electos para compensar o ‘lucro cesante’ foi aproveitada polos críticos para desgastar o actual Portavoz. Cabe lembrar que o propio Villares reclamara no seu día (outubro de 2016) secretario persoal, chofer, quilometraxe e unha compensación económica polo  que perdía en relación ao salario de xuíz.

RDPOs villaristas responden denunciando que a proposta dos críticos de ter liberados políticos responde ao interese persoal de algúns dirixentes por se colocar. A guerra suxa chega a tal nivel que nunha páxina de facebook que apoia Villares, En Marea desde as bases, incorpora unha foto de Rafa Dopico (ANOVA) en que asocia o lema dos críticos, #RecuperarEnMarea, co interese por “recuperar liberacións e soldos para os cargos orgánicos”, acompañada dun audio en que Dopico defende a necesidade de ter liberados porque “as organizacións non se constrúen da nada”.

A mesma páxina critica que os deputados e deputadas de En Marea no Congreso se neguen a render contas diante do Plenario da organización. O último elemento de conflitividade en En Marea é a decisión de Podemos (que até o de agora apoiaba a Villares) de non participar no plenario.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s