Continúa a crise de En Marea con máis acusacións de transfuguismo

GALIZA | A Frente Popular Galega, FPG (partido integrado en ANOVA), acusa Mario López Rico, líder de Cerna e un dos grandes apoios de Villares, de ser “o principal responsábel do transfuguismo no espazo da confluencia”. Tamén EU advertiu a Villares de que non se pode emular “modelos políticos xa caducos”.

Mario fpgA estratexia de cara ás municipais é máis un motivo de enfrontamento dentro de En Marea. Por un lado, a Coordinadora de Villares que pretende asentar a organización en todo o País. por outro, as persoas ‘municipalistas’ que queren “1.000 mareas mestizas e cidadás” (sic) (lembremos que só hai 313 concellos).

A afirmación de Mario López Rico, dirixente de Cerna e principal apoio de Villares na Coordinadora de En M;area, de que as candidaturas municipais “sendo soberanas no seu ámbito, non poden ser illas, teñen que compartir uns principios comúns”, recollida no twitter de En Marea no pasado 9 de xullo, provocou a contundente resposta da FPG.

“Este señor é o principal responsábel do transfuguismo no espazo da confluencia, Non pode dar leccións ás #MareasMunicipais”, afirmaba a FPG na súa conta de twitter. Cabe lembrar que Mario LópeDD957fxXgAAfd9c.jpgz Rico, para alén de se escindir de ANOVA para constituír Cerna, tamén foi un dos artifices do acordo das candidaturas de Somos quen (de David Rodríguez) e Queremos participar (impulsada precisamente por Cerna) cos afíns a Villares para aupalo á portavocía de En Marea contra o criterio da súa propia candidatura.

Na pasada semana era Raúl Asegurado, número 2 de ANOVA, quen acusaba a Coordinadora de Villares de “traidores” e “tránsfugas”.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s