AMBIENTE | A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) desmonta con datos a propaganda pagada de ENCE que pretende facer crer que o monocultivo de eucalipto non só non ten relación cos incendios senón mesmo que os evita.
O gravísimo incendio de Pedrógão Grande e as súas dramáticas consecuencias provocaron -tamén na Galiza- un volco na opinión pública co cuestionamento do monocultivo forestal de eucaliptos. ENCE respondeu con anuncios pagados nos medios para tentar convencer de que é o eucalipto o que menos arde. ADEGA utiliza datos oficiais das administracións para demostrar precisamente o contrario.
“Os resultados amosan que os lumes dun ano medio, tomando como referencia o inventario forestal de 2009, afectaron ao 1,42% de eucaliptais, ao 1,24% de piñeirais e ao 0,40% das carballeiras e bosques de frondosas galegas”, sinala ADEGA, para concluír -cos datos na man- que “o tipo de árbore que arde en maior proporción é o eucalipto, seguido do piñeiro e por último, as carballeiras e frondosas autóctonas“.
LER INFORME COMPLETO na WEB de ADEGA