Dirixente de ANOVA chama “traidores, tránsfugas” a integrantes da Coordinadora de Villares

GALIZA | A crise de En Marea parece non ter fin e o ton do enfrontamento vai a máis. Raúl Asegurado, número dous de Anova, rexeitou nas redes sociais a proposta de integración de Villares e referiuse á Coordinadora das Mareas como “un panorama de: traidores, tránsfugas…”

RAsNo pasado sábado Luís Villares propuxo ampliar a Coordinadora das Mareas para “integrar” o sector crítico. No entanto, a proposta foi rexeitada polos representantes deste, conformado por militantes de Anova, Esquerda Unida, Marea Atlántica e un sector de Podemos.

No día seguinte, Raúl Asegurado, Coordinador da Permanente de Anova e persoa próxima a Beiras, arremetía no Facebook contra a proposta de Villares, asegurando que para integrar “hai que ser plural, amplo, etc… pretender integrar sendo unha sección reducida é como a intelixencia militar, un oxímoron!”. A intervención de Asegurado recibiu o apoio, por medio de “gústames” de membros do Consello das Mareas  como Gladys Afonso, Borja San Ramón e Oriana Méndez.

Avalaron tamén a crítica de Asegurado outros destacados militantes de Anova, da FPG e membros das Mareas críticos con Villares, entre eles Antón Dobao, Pepe Árias, Brais Borrajo, Brais Ribeiro, Moncho Lareu, Carlos Ares ou Millán Fernández.

Eis o contido íntegro do post de Asegurado:

Capítulo I (military intelligence)

1. Se hai que solucionar algo é porque hai un problema. Se non o hai, como se quere solucionar algo?

2. Si se quere integrar a alguén é porque se recoñecen diferentes. Se non hai diferencias non se pode querer integrar.

3. Para integrar hai que ser plural, amplo, etc… pretender integrar sendo unha sección reducida é como a intelixencia militar, un oxímoron!

4. Para integrar hai que ter lexitimidade e xenerosidade. Sendo a correlación de forzas un panorama de: traidores, tránsfugas… NON PINTA BEN!!!

Ale, bo domingo!

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s