Salvar os bosques galegos: ADEGA reclama a prohibición do Eucaliptus nítens

AMBIENTE | A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza vén de realizar a 41 Asemblea Xeral e de celebrar 40 anos de intenso traballo en defensa do ambiente e do territorio. Entre as resolucións da Asemblea salienta a exixencia de que sexa prohibida a plantación de Eucaliptus nítens, como especie invasora e “perigosa para a biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas”.

Sostén ADEGA que a prohibición de plantar Eucaliptus nítens é necesaria para salvar os nosos bosques autóctonos, pois trátase dunha especie “exótica en expansión, con alto risco de invasión e perigosa para a biodiversidade e a funcionalidade dos ecosistemas, como resolveu o Comité científico do Ministerio español do ambiente”.

Por iso a asociación ecoloxista solicita que o nítens sexa incluído no Catálogo estatal de especies exóticas e invasoras e entende que, en consecuencia, tanto o estado como a Xunta deberían prohibir “a plantación, trafego e aproveirtamento desta especie para preservar a integridade do noso patrimonio natural”.

A Asemblea de ADEGA tamén aprobou unha resolución contra o espolio eléctrico, coa proposta da conversión do INEGA nunha Axencia enerxética galega pública e  outra en memoria de Berta Cáceres e de todas as persoas asasinadas no mundo pola defensa do ambiente.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s