A Frente Obreira Galega súmase ao BNG “para fortalecer o nacionalismo”

FOG.jpgGALIZA | A FOGA, partido que no ano 2012 participara na fundación de Anova -da que posteriormente se desvinculou- levaba tempo colaborando co BNG. De facto, ambas organizacións partillaron candidaturas nas tres últimas eleccións, nas coalicións NÓS-Candidatura Galega e BNG-Nós. Agora intégrase na frente nacionalista.

Nesta sexta feira (27) Ana Pontón e Segundo González asinaron en Vigo o protocolo que implica a incorporación da Frente Obreira Galega no BNG ao concordaren -sinalaron- na necesidade da “unidade de acción das forzas nacionalistas para avanzar cara a unha Galiza soberana con organizacións propias”.

“É un día importante, un día gratificante e de celebración porque sumamos máis persoas e máis pluralidade ao BNG, sumamos para redeseñar a casa común do nacionalismo convertendo o Bloque nun proxecto máis forte neste tempo novo”, proclamou a Portavoz Nacional do BNG no acto de asinatura, após agradecer a todas as persoas do FOGA “o seu traballo, coherencia e lealdade ao servizo de Galiza”.

Ana Pontón sinalou que ambas organizacións está unidas polos mesmos intereses “na defensa do país e en fortalecer a alternativa do nacionalismo, por iso esta integración é un paso natural dun camiño que levamos tempo andando” e avanzou que non é a primeira nin será a última incorporación ao Bloque.

Neste sentido, salientou Pontón que, desde as eleccións galegas, máis de 800 persoas se incorporaron ao BNG,  320 como militantes e o resto como simpatizantes, dos que o 40% teñen menos de 25 anos, “moita xente nova que está ensanchando a base do Bloque é que nos da novos azos en vésperas dunha asemblea nacional transcendente para nós mais, e dígoo con humildade, tamén para Galiza”.

 

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s