Galiza Nova denuncia a especulación co antigo hospital de Compostela

gn galeras.jpg

LOCAL | A organización xuvenil do BNG colocou unha faixa denunciando a “especulación urbanística” que supón a mudanza de usos impulsada por En Marea, PP e PSOE  e a venda do imóbel por parte da USC á empresa Asteriscos Real Estate SL. O BNG foi a única forza que votou en contra no Pleno da Corporación.

As mocidades nacionalistas reclaman que o edificio manteña a ttitularidade pública e un uso social e denuncia que se trata dunha operación especulativa: “O antigo Hospital Universitario de Galeras, propiedade da USC, acaba de ter o seu terreo recalificado polo Concello de Santiago, co triplo apoio do PP, PSOE e Compostela Aberta, pasando de mans públicas a privadas”.

Denuncia Galiza Nova que con esta decisión o Concello de Santiago “está a defender o negocio dos poucos, en vez de investir na comunidade, e desenvolver, como defendeu o BNG, un centro sociosanitario, en comunicación continua coa veciñanza”.

Cabe lembrar que a recualificación proposta polo goberno de Compostela Aberta foi aprobada na quinta feira pasada (día 10) e supuxo a incorporación do uso comercial e de oficinas, tal e como reclamaba a empresa interesada na compra. No día seguinte (20 de xaneiro) a USC e Asteriscos Real Estate SL asinaban o contrato de compra-venda do edificio.

BNG, a favor de manter titularidade e uso público

O único grupo que votou en contra da recualificación foi o BNG. Rubén Cela, reclamou ao Goberno de Compostela Aberta que revisase a posición “para manter como uso público sociocomunitario as instalacións do vello hospital de Galeras”. Cela salientou que o BNG defende “o que sempre defendeu: a titularidade pública dese inmóbel e un uso sociosanitario para acoller novas prazas de residencia pública para persoas de terceira idade, novas prazas de centro de día e para enfermos crónicos, que fan moita falta en Santiago de Compostela”.

En 2013 EU cualificaba a operación como “especulación urbanística”

Entre os paradoxos da operación e da posición de En Marea está que no ano 2013 Esquerda Unida -agora no goberno municipal- denunciaba os intentos do PP de proceder a mudar o uso de residencial comunitario para “residencial ou comnercial, o que perpetuaría a especulación urbanística, unha das causantes desta crise-estafa”. Agora votou a favor da recualificación, xunto ao Partido Popular ao que antes denunciaba.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s