En Marea promove a privatización do antigo Hospital de Santiago

Galeras.JPGLOCAL | Compostela Aberta, PP e PSOE votaron a favor da modificación puntual do PXOM para ampliar os usos do edificio a comercial e oficinas, tal e como exixía a empresa interesada en compralo, Asteriscos Real Estate SL. O BNG votou en contra por entender que se debe manter “a titularidade pública dese inmóbel e un uso sociosanitario”.

Na quinta feira pasada (19) o Pleno da Corporación de Santiago aprobou a moficiación proposta polo goberno municipal (CA) que permitirá que o edificio do antigo Hospital Xeral da Galiza poida acoller usos comerciais e de oficinas. Votaron a favor Compostela Aberta / En Marea, o Partido Popular e o PSOE. Jorge Duarte, concelleiro de urbanismo de CA cualificou a mudanza de “boa noticia” xa que os novos usos privados irían favorecer a venda do edificio e a súa “rehabilitación”.

De facto, ese foi o efecto inmediato. No día seguinte a USC asinou o acordo de compra-venda coa empresa Asteriscos Real Estate SL, a mesma que exixía o cambio de usos para poder incorporar o comercial -que pode atinxir até 50%- e oficinas.

En 2013 EU cualificaba a operación como “especulación urbanística”

Entre os paradoxos da operación e da posición de En Marea está que no ano 2013 Esquerda Unida -agora no goberno municipal- denunciaba os intentos do PP de proceder a mudar o uso de residencial comunitario para “residencial ou comnercial, o que perpetuaría a especulación urbanística, unha das causantes desta crise-estafa”. Agora votou a favor da recualificación, xunto ao Partido Popular ao que antes denunciaba.

BNG, a favor de manter titularidade e uso público

O único grupo que vatou en contra da recualificación foi o BNG. Rubén Cela, reclamou ao Goberno de Compostela Aberta que revisase a posición “para manter como uso público sociocomunitario as instalacións do vello hospital de Galeras”. Cela salientou que o BNG defende “o que sempre defendeu: a titularidade pública dese inmóbel e un uso sociosanitario para acoller novas prazas de residencia pública para persoas de terceira idade, novas prazas de centro de día e para enfermos crónicos, que fan moita falta en Santiago de Compostela”.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s