Junts pel Si e a CUP acordan a lei que proclamará a República catalá

cataluc3b1aINTERNACIONAL | A Lei de transitoriedade xurídica é a peza lexislativa central da desconexión de España e o estabelecemento da nova legalidade catalá. Se a Lei de Facenda propia e da da Seguranza Social definiran as estruturas de estado fundamentais para os primeiros meses do novo Estado, a lei fundacional (como propuxera denominala Carles Vivier i Pi-Sunyer) é a que servirá para que se proclame a República, é dicir, unha lei de independencia de facto

Entre as conclusións do debate de política xeral de outubro, estaba o compromiso de chegar a un acordo antes de acabar o ano que permitise a tramitación desta lei. Tres días antes de finalizar 2016, Junts pel Sí e a CUP preparan o anuncio deste acordo en medio dunha discreción absoluta. ‘Sabemos que é moito o que está en xogo con esta lei’, explicaron a VilaWeb fontes das dúas formacións.

Afastada do parlamento até o momento oportuno
Entre os responsábeis negociadores hai a convicción de preparar un dos elementos máis decisivos da independencia. ‘Con esta lei non podemos fallar; non podemos pasarnos de listos e que nos atranquen o camiño’, acrecentan estas mesmas fontes. A idea é anunciar o aspecto máis estratéxico do acordo, mais sen detallar o articulado da lei, que ficará a salvo na gabeta até a levar ao parlamento no momento apropiado. Ou sexa, buscando a tramitación cando se achegue o momento da desconexión para non deixar tempo ao Estado español de impugnala.

Entrada en vigor en dous tempos
Quim Arrufat, portavoz do secretariado nacional da CUP,  explicou hai poucas semanas que unha parte do articulado da lei entrará en vigor en canto for aprobada e que o resto ficaría pendente da validación do referendo sobre a independencia que se ha de facer na segunda quincena de setembro. A parte que entraría en vigor é a que permitiría convocar o referendo. Haberá que ver se tamén se considera válido desde o primeiro momento o preámbulo e algún dos primeiros artigos que concretarán o novo marco legal e que definen Cataluña como unha república independente. Se así for, a aprobación da lei xa sería unha especie de declaración de independencia parlamentaria con consecuencias políticas e prácticas evidentes antes de se facer o referendo.

A seguranza contra o baleiro legal
Efectivamente, é a lei que permitirá a creación dunha nova legalidade derivada do mandato democrático e que evitará que haxa calquera baleiro legal no acceso á independencia […]
A lei de transitoriedade ou fundacional ha de regular provisoriamente os elementos estruturais do novo Estado […] e a sucesión ordenada de administracións. Regulará os elementos básicos como o territorio, a nacionalidade, a cidadanía, o réxime de linguas e as institucións de goberno […]

Aspectos técticos e aspectos de forte contido político
Junts pel Sí e a CUP traballaron sobre a redacción da lei proposta previamente por Carles Viver i Pi-Sunyer. Hai aspectos técincos da lei que non son susceptíbeis de negociación mais hai algúns de forte contido político. Por exemplo, que excepcións terá a sucesión de ordenementos e tratados? Que leis españolas non serán de aplicación desde o momento cero? […] As dúas formacións independentistas chegaron a un acordo nas cuestións capitais da lei e as fontes consultadas por  VilaWeb aseguran que non haberá problemas para aprobar esta lei que consideran central e decisiva.

Información recollida de Vilaweb.cat

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s