BNG realiza acto de rexeitamento da Constitución e en defensa da soberanía

 

Constit.png

GALIZA | “Para que a Galiza decida, autodeterminación! Fronte á Constitución española, dereito a decidir e soberanía” é o slogan do acto que decorrerá neste 6 de decembro ás 12 da mañá na Alameda de Compostela, diante da estatua de Rosalía de Castro.

O Bloque Nacionalista Galego é a única forza política galega que convoca -como veu facendo en anos anteriores- un acto contra a Constitución e en reclamación do dereito de autodeterminación. Aliás, foi o BNG-Nós a única candidatura que nas pasadas eleccións galegas colocou a énfase na necesidade de deixar atrás o marco constitucional español e o modelo autonómico del derivado para asumir a plena capacidade de decidir.

De facto, no debate electoral que decorreu na TVG, coa excepción do BNG,  todas as forzas políticas -PP, PSOE, En Marea, C’s- defenderon a validez do modelo constitucional e autonómico como ‘marco de convivencia’. Mesmo o candidato de En Marea -e hoxe Portavoz- Luís Villares, tiña ido máis alá ao asegurar que non buscaba a superación do marco constitucional e que non cría necesaria a soberanía da Galiza: “Para min a Constitución é o imperio da lei. Dentro da lei, todo. Fóra da lei, nada”, enfatizou.

Ana Pontón, no entanto, defendeu a necesidade de superar ‘un modelo autonómico esgotado, que non resolve os problemas da Galiza’ e apostou por nos libertar do ‘traxe estreito da Constitución e do Estatuto’ para que a Galiza teña capacidade real de decidir para resolver os problemas de fondo. “Poder político para decidir na economía produtiva, para xerar emprego, elevar os salarios e as pensións, blindar os servizos públicos, recuperar á mocidade emigrada e para defender a lingua e cultura”, salientou no acto de apertura da campaña en Rianxo, en coherencia coa posición histórica do BNG.

Cabe lembrar que o nacionalismo que na altura representaba o Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) pediu en 1978 o voto en contra da Constitución en canto as forzas españolas (UCD; AP -hoxe PP-, PSOE e PCE -hoxe integrado en En Marea/Unidos Podemos-) fixeron campaña polo SI a un texto constitucional que previamente consensuaran.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s