Alberte Fernández: “Galiza Nova traballa para rachar a dependencia, para mudar a realidade”

20161126_204159-1024x576

GALIZA | O recén electo Secretario Xeral de Galiza Nova asegura que nos achamos nunha nova etapa para o nacionalismo galego en que “estamos recuperando apoio social en todos os ámbitos, e o xuvenil non é unha excepción”. Alberte Fernández considera que a organización xuvenir nacionalista está nunha fase de expansión e consolidación “tras un bo traballo feito neste período”.

Nunha entrevista publicada na web de Galiza Nova, Alberte Fernández declara asumir “con moita ilusión o desafío de liderar a organización xuvenil do BNG nos próximos anos e, especialmente por compartir militancia “con tantas mozas e mozos que día a día traballan para construír Galiza”.

Fernández avoga por que a mocidade se autoorganice para “loitar por ser dona do seu futuro” e para acabar coa precariedade e a dependencia porque -salienta- “participando en Galiza Nova tamén mudamos a realidade máis próxima da xente moza, traballamos para cambiar as nosas condicións de vida, traballamos polo noso dereito á felicidade”.

O novo Secretario Xeral, que na XIV Asemblea Nacional substituíu Alberte Mera, afirma que o rumbo tomado na anterior Asemblea (2014) “cunha aposta pola República Galega soberana e dona do seu futuro é o axeitado” e salienta que neste conclave se debateu “sobre como mellorar o noso traballo para superar as dificultades detectadas”.

LER na íntegra na WEB de Galiza Nova

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s