Galego certo (4): Nada de *aportar, mais si contribuír para mellorar a lingua

-aportar

GALEGO CERTO | *Aportar, é un deses castelanismos omnipresentes na comunicación pública no uso que habitualmente se dá a este termo. A palabra aportar é correcta apenas co sentido de ‘chegar a porto’. Para o resto dos casos utilicemos contribuír, fornecer, achegar, facilitar, proporcionar, subministrar… E tamén contribución ou contributo en vez de *aportación.

Vémolo aquí con algúns exemplos:

Cada casa *aportou 10 euros para o composteiro comunitario

Cada casa contribuíu con 10 euros para o composteiro comunitario.

Cada casa achegou 10 euros para o composteiro comunitario.

*Aportou a documentación completa do expediente.

Facilitou a documentación completa do expediente.

Após seren *aportados todos os datos, a asemblea apoiou a proposta por unanimidade.

Após seren fornecidos todos os datos, a asemblea apoiou a proposta por unanimidade.

A publicación representa unha *aportación imprescindíbel para coñecermos mellor a obra de Manuel María.

A publicación representa un contributo imprescindíbel para coñecermos mellor a obra de Manuel María.

A RAG, aínda sendo consciente de se tratar dun castelanismo, recolle o termo aportar no dicionario, mais suxerindo utilizar a “forma máis recomendábel” achegar. Porén, ese mesmo dicionario -e o VOLG- non recolle a forma contributo, usual na lingua literaria e común en Portugal, mais si contribución.

Vexamos agora un exemplo de uso correcto do termo aportar, nun fragmento do poema Ítaca, de Kostantin Kavafis:

Mais non apresures nunca a túa viaxe.
É mellor que dure moitos anos
e que xa vello aportes á túa illa,
rico do que gañaches no camiño,
sen esperar que Ítaca te enriqueza.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s